10 AÑOS DE TRAYECTORIA
Tanxugueiras publica O cuarto: "La tradición para nosotros es como papá y mamá"
¡BUONE VISIONI!
Esta fin de semana chega as salas de cine Sorry, Baby, ópera prima de Eva Victor que tamén interpreta á protagonista. A historia móvese arredor dunha moza que atravesa un momento vital marcado por unha experiencia de agresión sexual que sufriu durante a súa etapa universitaria e que alterou profundamente a súa relación co mundo e consigo mesma. A través dunha narración fragmentada, a historia segue o día a día da muller, os seus silencios e a súa dificultade para recompoñer os vínculos persoais, construíndo un retrato íntimo e contido sobre a fraxilidade, a memoria e a resiliencia.
Existe nos traballos de Eva Victor como escritora, humorista e por suposto no seu cinema, unha herdanza directa dá nouvelle vague ao igual dos dramas familiares moi popular en Sundance: filmes que pretenden capturar os intersticios do cotián, as gretas profundas que se poden abrir a partir de diálogos aparentemente fútiles. No seu salto á longametraxe, a cineasta neoiorquina constrúe unha obra cáustica, unha radiografía do trauma que ben podería asinar un Eric Rohmer pasado polo filtro da contemporaneidade.
Sorry, Baby é un filme exento de virtuosismos e a mirada de Victor é a dunha observadora desencantada, sen prexuízos
Sorry, Baby podería definirse unha ‘dramedia’ ou mellor unha ‘traximedia’, por querer poñer unha etiqueta ao filme. Se nos seus coñecidos traballos breves a palabra era o motor, en Sorry, Baby Eva Victor descobre o poder do silencio e do fóra de campo. A trama desenvólvese case integramente nun apartamento. Non hai concesións ao sentimentalismo e hai unha observación dos personaxes a distancia e a través do uso do plano secuencia. Finalmente a directora confía no espectador para que sexa capaz de ler entre liñas.
Sorry, Baby é un filme exento de virtuosismos e a mirada de Victor é a dunha observadora desencantada, sen prexuízos. Ao igual a película é un ensaio orixinal sobre os abusos de poder, tanto institucional como na parella. A pesar de certa rixidez formal, sobre todo no segundo acto, o filme sérvese do humor dunha forma moi orixinal. As frases que solta a protagonista son afiadas e desafiantes. É o sarcasmo que a muller utiliza fronte ao mundo para ocultar o seu sufrimento. Neste sentido Sorry Baby é un pequeno filme capaz de contar de forma orixinal, a través do humor, a complexidade da dor e da superación do trauma.
O debut de Eva Victor é un filme lonxe de Hollywood que recolleu numerosos premios, sobre todo polo seu guión e a interpretación da protagonista. É unha das propostas máis interesante da carteleira desta fin de semana, aínda que, como todas as películas independentes, a súa cota de pantalla vai ser mínima.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
10 AÑOS DE TRAYECTORIA
Tanxugueiras publica O cuarto: "La tradición para nosotros es como papá y mamá"
RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
RELATO IBEROAMERICANO
“O Agente Secreto” y “El Eternauta” dominan los Premios Platino 2026
Lo último
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Se publica el Diario de Ana Frank
VOTOS A FAVOR DE PP, VOX Y UPN
El Senado reprueba a Aagesen por su nula gestión del apagón
PROCESIÓN DE LAS ANTORCHAS
Ourense iluminó el paso de la Virgen de Fátima
Manuel Orío
RECORTES
Sobre la Guardia Civil