O Teatro Amador pechará con dúas comedias esta edición
Teatro
A Agrupación Mariñán porá en escena "Insania", o sábado; e ao día seguinte será Porta aberta con "Estraños hábitos"
A XII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" 2019 chega a súa recta final coa representación de dúas comedias. Así, o próximo sábado, a Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos presentará a obra "Insania", unha inquietante comedia de humor negro, sorprendente pola sinxela posta en escena e o traballado papel dos seus actores, e que ten una mensaxe "subliminal" para profesores con síndrome de tensión, segundo apuntan os organizadores desta mostra, do grupo Tiruleque Teatro.
Ao día seguinte, xa en domingo, tócalle a clausura ao grupo Porta Aberta de Vigo, que ofrecerá para os espectadores a comedia "Estraños hábitos", desenvolvida nunha vivenda na que, o que aparentemente ía ser unha cita normal, nun apartamento normal, con persoas e amigos normais e sen ningún tipo de alteración fóra do normal, acaba sendo unha tarde diferente e alterada ata a esquizofrenia. A vida de Xoán verase alterada nunha soa tarde por todos e cada un dos personaxes que van aparecendo no seu apartamento de solteiro. El tiña todo preparado para unha cita normal con Virxinia, pero todo se converterá nun continuo ir e vir das persoas importantes na súa vida, en circunstancias estrañas e con hábitos aínda máis estraños.
As representacións serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,30 horas
Ademais, segundo informa a organización, os alumnos dos centros de ensino da vila: IES nº 1, IES Chamoso Lamas, colexio Vila do Arenteiro e colexio Sagrado Corazón terán a súa disposición a entrada de balde para presenciar estas comedias, co único requisito de identificarse no despacho de entradas.
A Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" comezaba nesta nova edición os pasados días 5 e 6 de outubro coa actuación do grupo anfitrión, Tiruleque Teatro, e a súa última montaxe: "A farsa do maite Pathelin".
Tras a apertura do telón, pasaron polo auditorio aqueles grupos seleccionados para este festival de teatro afeccionado como son: Namarella, Sangue de Dragón e La Barata Producións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
OBITUARIO
Muere el mago Juan Tamariz a los 83 años
GALA DE INAUGURACIÓN
Javier Gutiérrez, Calpurnia de Honra del 31 Ourense Film Festival
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto