Teo Cardalda e María Monsonís abren o mércores en Santiago o ciclo 'Claves líricas', en homenaxe a Valle-Inclán
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá este mércores ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo 'Claves líricas', no que Teo Cardalda e María Monsonís porán música a 10 poemas de Valle-Inclán en conmemoración do 75 aniversario do seu falecemento.
Claves Líricas é unha serie de tres concertos que terán lugar nas tres localidades galegas máis vinculadas á vida de Valle-Inclán, Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa -o xoves 27- e A Pobra do Caramiñal -o venres 28-.
O contido dos recitais é un adianto musical da obra teatral que, sobre a figura de Valle-Inclán como poeta, prepara Teo Cardalda xunto á directora de escena británica Tamzin Towsend, o dramaturgo Ignacio García May e o actor galego Luis Zahera. O espectáculo, que se chamará 'Os sete pecados de Valle-Inclán', estrearase en Galicia no mes de febreiro de 2012.
A representación dentro do ciclo 'Claves líricas' realizarase cunha pequena banda de catro músicos, da que forman parte Teo Cardalda, María Monsonís, Salva López e Yago Moncar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios