SIN TRIUNFO DESDE 1962
Carlos Canal hace historia para el deporte ourensano ganando al esprint
DEPORTE LOCAL
O Consello Municipal de Deportes aprobou, nunha reunión ordinaria celebrada o pasado xoves, as axudas a clubes e asociacións deportivas para o ano 2015. En total, serán 79 as entidades beneficiadas -5 máis que en 2014-, cubrindo deportes que van desde a natación ao baloncesto, fútbol e fútbol sala, rugby ou alpinismo. A contía destinada neste exercicio é de 666.962 euros.
Cada clube percibe 5,36 euros por cada un dos puntos que establecen os criterios da convocatoria. Esta edición aprobáronse todas as solicitudes presentadas agás cinco: tres por non presentar a documentación solicitada nas bases das subvencións e dúas máis ao non estar inscritas no rexistro de entidades deportivas municipais.
O comunicado do Consello Municipal de Deportes establece, así mesmo, unha prórroga ata o 30 de Novembro de 2015 para a presentación das contas xustificativas das entidades beneficiarias que presentaron os seus proxectos correspondentes á tempada 2014/2015. A resolución destas bases pódese consultar na web www.deportesourense.com e no taboleiro de anuncios do Pavillón de Deportes dos Remedios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN TRIUNFO DESDE 1962
Carlos Canal hace historia para el deporte ourensano ganando al esprint
CORUÑÉS EN RIAZOR
Manu Núñez, jugador de la UD Ourense: “La afición se merece el play off”
Lo último
CIENTOS DE MILES DE REPRODUCCIONES
Tirolinas en el Miño o el Carrabouxo bailando: Ourense pasada por IA triunfa en las redes