CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, considerou que o de hoxe é 'un día triste para Galicia', tras coñecerse a adxudicación de Novagalicia Banco ao venezolano Banesco, unha operación que 'consuma a colonización' do sistema financeiro e o aforro galegos, aínda que cre que 'puido ser peor'.
En rolda de prensa, Vence considerou que esta resolución do proceso é 'un mal menor' porque non implicará 'a desaparición inmediata da entidade', como considera que acontecería de facerse con ela un grupo bancario español, pero dixo que os galegos non poden quedar 'satisfeitos'.
Así, considerou que a actitude do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, é dunha 'indolencia que é absolutamente irresponsable e indignante'. Pérdese con esta operación, dixo, o 40% do aforro galego e unha entidade que se podería transformar en banca pública por '400 millóns'.
'Madrid decidiu salvar Bankia e desfacerse de Novagalicia', criticou o nacionalista, que adiantou que o BNG vai a 'batallar dende xa por recuperar o control' do banco.
Vence considerou que a venda a Banesco ten tres aspectos 'positivos', que son, a falta de coñecer en concreto o plan de negocio, o compromiso de manter a entidade, de conservar a súa sede e servizos centrais en Galicia e de manter o emprego, 'ou polo menos o máximo posible'.
Malia todo, o movemento é 'negativo' porque a comunidade 'perde o control' sobre a entidade. 'Galicia non pode estar satisfeita e o presidente non pode estar tranquilo', protestou e destacou que o custo para os contribuíntes é 'elevadísimo' porque se vende unha entidade que recibiu 9.000 millóns de euros en axudas por 1.000 millóns, que se pagarán 'en cómodos prazos ata 2018'.
INVESTIGACIÓN DA FISCALÍA
Vence insistiu en que, ao seu xuízo, a venda está 'inxustificada neste momento' e repetiu que considera que pode haber malversación. Por iso, volveu pedir unha investigación da Fiscalía ao respecto. 'Debe ser seriamente investigado', insistiu.
O BNG pediu que se abra un expediente para investigar se hai 'responsabilidades' e 'xestión neglixente'. Neste contexto, reivindicou que a aposta por unha banca pública 'está máis xustificada que nunca'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os aplausos ó papa eran da partitocracia
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse