Ourense innova co proxecto Geoatlantic
iniciativas institucionais
A iniciativa, impulsada polo Concello de Ourense, procura a transición enerxética a través dos recursos xeotérmicos locais
O salón de actos Marie Curie, no edificio Politécnico do Campus de Ourense, acolleu a presentación do proxecto de cooperación territorial Geoatlantic. O proxecto explora formas de cooperación no marco da Europa Atlántica para crear as condicións que favorezan a transición enerxética a través dos recursos xeotérmicos locais. "Buscamos un Ourense sustentable, unha cidade capaz de aproveitar os seus recursos e de situarse como pioneira e un modelo a seguir internacional no campo da xeotermia", dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación.
O proxecto Geoatlantic ten como obxectivo xeral poñer en marcha solucións para responder aos desafíos rexionais no ámbito da innovación, a eficiencia dos recursos, o medio natural e os bens culturais, co apoio ao desenvolvemento rexional e o crecemento sustentable. No que corresponde á parte que promove o Concello de Ourense, explicado polo concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento de 2.870.000 euros, dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER.
Enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da UE, e subvenciona propostas de cooperación entre distintas organizacións das rexións da costa atlántica de Europa en determinados eixos temáticos prioritarios. Asistiron á presentación representantes institucionais do Concello de Ourense, da Xunta de Galicia, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e da Universidade de Vigo.
Relatorios
Na xornada de presentacvión tiveron lugar varios relatorios. Un deles levaba por título "Loita contra o cambio climático: sustentabilidade e eficiencia dos recursos", da man de Susana Bayo, líder climática da fundación The Climate Reality Project Spain e representante en Galicia. Tras unha pausa, deuse paso ao relatorio "Potenciando os recursos xeotérmicos locais no novo modelo xeográfico", a cargo de Belén Sío, directora xeral de Acluxega (Asociación Clúster da Xeotermia en Galicia).
Tamén houbo unha mesa redonda titulada "Cooperación e enfoque multidimensional na utilización das renovables nas cidades do Espazo Atlántico" na que interviron representantes da Agence Locale de l’Energie et du Climat (Francia), o Instituto de Inovação Tecnológica dos Açores (Portugal) e a European Heat Pump Association.
Neste proxecto participan sete entidades de distintos países europeos: España, Portugal, Reino unido, Francia, Irlanda e a Asociación Europea de Bombas de Calor, así como entidades asociadas de Portugal (a Secretaría Regional de Energia , Ambiente e Turismo de Açores, a Câmara Municipal de Ribeira Grande de Açores e a Câmara Municipal de Povoação de Açores) e 16 a 20 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECURSO JUDICIAL
Apetamcor recurrirá al TS la revisión de prórrogas a la AP-9
ECONOMÍA Y VIVIENDAS ESPAÑOLAS
El Banco de España mejorará su previsión para 2025 y 2026
BANCO CENTRAL EUROPEO
El BCE mantiene los tipos en el 2% según lo esperado
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías