SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
Agora que deron comezo as rebaixas comerciais pode ser un bo momento para que a poboación rebaixe tamén as cantidades de residuos producidos e active desta forma o primeiro elo na xestión xerarquizada dos mesmos, que comeza coa prevención e a redución, continúa coa reutilización e a reciclaxe e culmina coa valorización, tanto material como enerxética, relegando o uso do vertedoiro a último lugar debido ao seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.
As decisións dos cidadáns á hora de consumir condicionarán o resultado final. Entón, ¿qué podemos facer no noso día a día para que a xeración de refugallos se vexa minorada? Adoptando sinxelos xestos:
1.- Consome de forma responsable. Elabora unha lista do que verdadeiramente necesitas e cínguete a ela. Evita sucumbir a os caprichos superfluos que só che reportarán unha satisfacción inmediata e cuxo interese nos mesmos probablemente vaia decaendo co tempo, sendo o seu destino o cubo do lixo.
2.- Bota man dos produtos a granel. E de non ser posible, co menor envase e embalaxe. O envase non forma parte do produto que consumes, aínda que si engrosa o seu custo, coa particularidade de que acabará converténdose nun residuo.
3. Non esquezas as bolsas reutilizables para facer as túas compras. Lévaas sempre no coche, nun peto, no bolso. E tampouco esquezas a túa propia botella de vidro ou cantimplora para a auga que consumes cada día. Procura tamén que os manteis e panos sexan sempre de tea. Evita o uso de materiais de usar e tirar.
4. Realmente necesitas cambiar de teléfono móbil? Pénsao, e de ser así repárao ou adquire un reacondicionado.
5. Compra artigos de segunda man. Poden ser unha boa solución, pero con menor custo.
6.- Non acumules sen máis. Vende ou doa o que xa non precises. Outras persoas poderán sacarlle rendemento.
7.- Di non ao desperdicio alimentario. Compra con cabeza, adapta a cantidade de alimentos ao número de comensais, deixa que se sirvan eles mesmos e aproveita as sobras para novos menús.
8.- Autocompostaxe. Se habitas nunha vivenda unifamiliar que dispoña de terreo (horta y/ou xardín), aproveita os restos de alimentos non comestibles, así como restos vexetais, para elaborar compost, un abono natural de alta calidade que substitúe aos fertilizantes artificiais e que ademais de aportar nutrientes ao solo protéxeo fronte a pragas e diferentes enfermidades.
9.- Local e de tempada. Opta polos produtos producidos no teu municipio ou contorna e que sexan de tempada. Así evitarás a contaminación asociada ao transporte en longas distancias e fomentarás a economía e emprego local.
10.- Adopta o principio dos 3R. Que os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) formen parte do teu estilo de vida. Non só coidarás o medio ambiente e a saúde, senón que aforrarás diñeiro.
- O contedor xenérico ten a función de ser o depósito da fracción do resto de residuos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
CRISIS EN ORIENTE MEDIO
La OPEP+ añadirá 188.000 barriles de petróleo diarios a su oferta en septiembre
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos