CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
ENTROIDO DE MONTERREI
Un ano máis, e xa van seis, a parroquia de Albarellos, no concello de Monterrei, anticípase ás datas establecidas neste vindeiro mes coa súa festa de pre-entroido, que terá lugar o vindeiro 8 de febreiro.
A celebración arrancará a partir das 19,00 horas, coa quedada de “choqueiros” e bombos na praza Ángel Medeiros, previo ao desfile que se estendará ata a hora da cea, e que promete un animado percorrido polas rúas e bares da vila, con música, disfraces e moita troula.
O precursor desta iniciativa popular, Alberto Rodríguez, salienta que nada sería posible sen a “participación e colaboración” do tecido asociativo de Albarellos, e cita a axuda da asociación veciñal local, da comunidade de montes San Salvador, da asociación de mulleres rurais “25 de xullo”, d’O Trebón de Mildeu e máis do Concello. Para Rodríguez o importante é dinamizar a parroquia, e confesa que malia o esforzo, “desfruto vendo á xente desfrutar”.
Tralo desfile terá lugar ás 21,30 horas cea popular, tamén na praza Ángel Medeiros, a base de bocadillos de porco ao espeto. As entradas, a 12 e 8 euros, están á venda na biblioteca local e nos bares O Campo, Celta e Progreso, así como no bar A Canteira e na tenda Tirabeke, en Verín.
Para tódolos interesados en acudir sen ter que coller o coche, haberá transporte en bus dende a estación de Verín, coa ida ás 18,30 e a volta arredor das 00,30 horas. Trala cea, ás 22,30 horas está prevista a actuación de Festiculores Troupe, e ás 00,30 horas de DJ Moncho, ambos na praza.
Os organizadores tamén fixeron broches, imáns e chisqueiros de cigarróns con distintos motivos para colaborar economicamente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil