Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
PARA TODA A FAMILIA
Os cativos poderán desfrutar dunha Festa Infantil con discomóbil na Praza Maior o luns 16 de febreiro pola tarde para inaugurar o Entroido en Allariz
O Concello de Allariz vén de presentar o programa para o seu Entroido 2026, que se celebrará do 5 ao 18 de febreiro e que contará cunha ampla variedade de actividades dirixidas a tódolos públicos. A alcaldesa do municipio, Cristina Cid, presentou onte pola mañá o programa acompañada do concelleiro de Cultura, Alberto Conde, e o persoal técnico da área de cultura, que destacaron a importancia do Entroido como unha “festa de participación veciñal e dinamización social e cultural”.
O Entroido de Allariz dará comezo o vindeiro xoves 5 de febreiro coa celebración dos Compadres, no que o grupo de gaiteiros De Pé Feito será o encargado do pasarrúas que percorrera Allariz. Sairá dende a Barreira ás 20,30 horas e actuará até as 22,30 horas. O seguinte xoves, 12 de febreiro, será a quenda das Comadres, e nesta volta a charanga Achicoria será a encargada de animar a festa, no mesmo horario e co mesmo percorrido.
A semana de Entroido continuará o venres 13 de febreiro co “Entroido na Rúa”, que inclúe a actuación da charanga Os Encerellados entre as 20,30 e as 22,30 horas, e que dará paso á “Noite de Entroido”, na que a verbena será por conta dunha discomóbil na Praza Maior a partir das 23,30 horas. Xa o domingo, a verbena será na hora do vermú, cando a charanga Alambique animará a xornada dende as 12,00 ata as 14,00 horas.
Os cativos poderán desfrutar dun día de Entroido dedicado para eles o luns 16 cunha Festa Infantil con discomóbil na Praza Maior pola tarde. Á noite, a partir das 21,30 horas, terá lugar a Cachuchada na Barreira, organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, á que os Caliqueños porán o broche de ouro cun pasarrúas nocturno ata a madrugada.
O Martes de Entroido celebrarase o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas na Barreira, que contará coa animación da discomóbil Space. Como cada ano, o concurso repartirá premios de ata 250 euros para as comparsas máis orixinais, máis elaboradas ou que mellor interpreten os seus disfraces.
Allariz porá punto e final ao Entroido 2026 o mércores ás 20,00 horas coa celebración do Pranto de Entroido, que sairá dende a Praza Maior ata o Campo dos Brancos, onde se queimará ao Meco para rematar a festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 9 de marzo?
785 DELITOS REGISTRADOS
Los menores delincuentes en Ourense: violencia en las redes y cada vez más precoces