As mázcaras da Xironda, todo listo para volver saír
A queima do “Entroido”, unha gran figura de palla, é unha das atraccións
A parroquia da Xironda, no concello de Cualedro, conta os días para que as mázcaras do seu Entroido tomen as rúas un ano máis, nunha festa de gran unión e orgullo para a súa veciñanza. En pouco máis dunha semana será o seu inicio co Domingo de Corredoiro, o vindeiro 23 de febreiro, no que pola tarde sairán ás rúas da Xironda as mázcaras que así o desexen.
Posteriormente, o sábado 1 de marzo, os habitantes xuntaranse para ir buscar leña e crear xuntos o “Entroido”, unha gran figura de palla con atributos masculinos que é un dos símbolos da súa celebración. Tódolos que arrimen o ombreiro poderán cear a cargo da organización, e despois colgarase o Entroido na Picota.
O día seguinte, domingo 2 de marzo, as mázcaras xuntaranse á saída da misa, dende as 12,00 horas. Pola tarde, gran festa amenizada pola discomóbil Enjoy ás 18,00 horas, e ás 21,00, cea a cargo novamente da organización, con chocolatada e queimada.
O Entroido non para e continúa ese luns, 3 de marzo, de novo cunha festa, de novo co acompañamento musical da discomóbil Enjoy, cea e gran chocolatada.
Finalmente o derradeiro día é o Martes de Entroido, 4 de marzo, no que haberá festa rachada, pero desta vez coa discomóbil local Jorge. Pola noite, trala cea e a chocolatada, ás 00,00 horas, será a queima do “Entroido”, coa súa subasta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar