EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Meses de traballo e esforzo deron paso onte a celebración do Reinado, un evento tradicional e enxebre que os veciños da comarca de Maceda decidiron recuperar despois de moitos anos de estar perdido. Isto foi posible grazas á implicación de moita xente, dos maiores achegando as súas lembranzas; e dos novos, coas ganas e o espírito de desfrutar dun Entroido feito por e para o pobo. Unha invansión, amistosa da veciñanza de Carguizoi á de Tioira. O motivo deste ataque, explicaban os do lugar, é a fama que, segundo os veciños de Carguizoi, Tioira monopolizou sobre as olas e o oleiro. E así quedou claro no manifesto que se leu para dar a coñecer porque se facía.
A comitiva, encabezada polo rei e os seus vasalos, todos disfrazados e acompañados polos felos, saíu cara Carguizoi e cara Tioira, onde foron recibidos polo Notario e os veciños da aldea, que lles cortaron o paso e onde se anunciou a invasión e comezaron as regueifas.
Rimas e moita retranca, nunhas composicións que versaron sobre as diferenzas entre os veciños e aldeas ata que, finalmente, todos xuntos chegaron á Aira dos Patos onde compartiron a “paparota” feita polos veciños, amenizada pola música tradicional de diversos músicos e agrupacións.
Esta tradición, que se conseguiu sacar do esquecemento, estaba gardada nun conto no que se narraba a invasión de Santirso a Xinzo da Costa, xa nos anos 70, e foi a derradeira vez que se fixo ata esta fin de semana. Nestes eventos o Felo tamén é un dos protagonistas do Entroido. Como para non selo, xa que é a encarnación do sentimento e o que significa o Entroido.
Maila que hoxe en día xa moi pouca xente recordaba o que era un Reinado, grazas aos veciños, que se implicaron no proceso de recuperación e recompilación de información e se foron xuntando todos os sábados dende xaneiro, dende onte moitos terán e gardarán un recordo fermoso do que é unha festa de Entroido ben distinta ao habitual. Segundo Natalia Ibáñez, veciña do lugar, o primeiro que fixeron foi xuntar as mulleres do rural, que acolleron a iniciativa cos brazos abertos, xa que elas tamén estaban pensando en recuperalo, e foi unha alegría que a xente nova estivese tan comprometida coa tradición dun Entroido característico e único.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia