XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
REI E MASCARADA
O concello de Castrelo do Val celebrará unha nova edición do seu Entroido, coñecido como “Sábado Maragato”, o vindeiro 7 de febreiro, afianzando esta tradición tan senlleira que se retomou hai poucos anos. Ese día volverá saír o Maragato, traxe típico da localidade tamén recuperado.
A partir das 16,30 horas terá lugar a xuntanza no Toural, ao carón do Concello, onde serán recibidos o Maragato e o resto de asistentes, e se procederá á coroación do Rei de Castrelo. Trala recepción, darase comezo ao percorrido para correr o Entroido polas rúas de Castrelo xunto a toda a xente que acuda e acompañe á Mascarada. Esta cita é posible grazas ao traballo de Concello, asociación de veciños “O Casteliño” e a xunta de montes.
Acompañando o Maragato e o Rei na troula estarán, ademais da Mascarada, as madamas e os chambergos, xunto a figuras de entroidos doutras vilas da contorna. Na parte musical participarán os folións de Vilariño de Conso e os bombos de Vences, máis gaiteiros e charanga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último