30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Vilardevós viviu na mañá de onte o seu gran desfile do Entroido, no que participaron os usuarios do centro residencial e do centro de día, así como as casas niño “Lala” e “Garabatos” e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.
Entre os disfraces grupais destacaron un nutrido grupo de tunos e outro de faraóns, que puxeron un sorriso na faciana da numerosa veciñanza que os acompañou no seu percorrido pola vila.
Como non podía ser menos, os chocalleiros, facendo sonar as chocas e portando a súa vara provista cun farrapo na punta, aproveitaron para saír e lucir as súas cores.
Deste xeito remata este ano o Entroido de Vilardevós, organizado pola asociación cultural Chocalleiros, e que contou coa colaboración do Concello e do resto de asociacións da localidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último