30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
O Entroido quenta motores na provincia de Ourense e, na comarca de Monterrei, o concello de Vilardevós prepara a súa propia festividade. Neste senso, os Chocalleiros -emblema do carnaval neste municipio- sairán por primeira vez este ano o vindeiro 16 de febreiro, data na que se celebra o domingo de Corredoiro en lugares como Verín ou Xinzo.
Os Chocalleiros agardarán a todos os feligreses á saída da eucaristía.
O 20 de febreiro, Vilardevós sumarase á celebración do Xoves de Comadres. A cena terá lugar, nesta ocasión, na casa da cultura desta localidade e haberá unha actuación de César Pachanguero.
O 22 de febreiro, sábado de Entroido, será o día grande da festividade en Vilardevós, onde se celebrarán distintas actividades ao longo do día.
Os chocalleiros sairán ás 16,00 horas dende o entorno de O Toural e o farán acompañados pola agrupación O Trebón do Mildeu. Pouco tempo despois, ás 17,00 horas, comezará o tradicional desfile de Entroido, que partirá dende o campo de fútbol.
Logo do remate da comitiva, iniciaranse as actuacións musicais de man de dous dos integrantes da Orquesta Ritmo Joven, Lucía Rivada e Rubén Quintela.
Co anoitecer chegará a mítica lectura do testamento do burro á que seguirá a saída dos fachóns dende O Toural, que estarán acompañados de Os Batelatas. Para rematar haberá unha degustación de porco e de caldo "ata a fin das existencias".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
POSIBLE VICTORIA DEMÓCRATA
Estados Unidos comienza a sentar las bases del futuro post-Trump
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio