ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
O Concello de Riós presentou o programa do seu Entroido, que este ano terá lugar o 1 de marzo, sábado, cun cartaz ilustrado por Alicia Gago Villarino, e que de novo contará co protagonismo das cores do traxe e máscara local, os vellarróns.
A xornada arrancará ás 11,00 horas co tradicional percorrido entre Riós e Marcelín, no que os vellarróns orriolenses estarán acompañados no pasarrúas pola Banda de Gaitas de Riós. Á chegada a Marcelín, haberá un pincho e baile.
De volta no Riós, a partir das 13,30 horas, haberá un desfile, con premios para o mellor disfraz individual e colectivo, así como agasallos para a cativada. Ao remate celebrarase un magosto popular na Praza do Concello, no que non faltarán nin as castañas nin o chourizo.
Pola tarde, dende as 19,00 horas, Marcelín albergará a festa final, aderezada con pinchos de orella, e coa amenización da Banda Instrumental.
Dende o Concello agradécese a colaboración inestimable na celebración desta festa da Banda de Gaitas local e da Asociación de Veciños do Riós e Marcelín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTES TRADICIONALES
Las bonitas de Sande llevan su magia a México
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último