Enrique Cabana, cinco décadas de barro e tradición en Xunqueira de Espadanedo
OLERÍA OURENSANA
Este “cacharreiro” de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo, leva máis de 20 anos preparando con agarimo as varias centenas de olas coas que se xoga no Domingo de Oleiro en Xinzo de Limia.
O Domingo de Oleiro é unha das datas máis coñecidas do Entroido de Xinzo, unha cita na que a tradición toma as rendas e converte ás olas de barro nas raíñas, por un día, do entroido máis recoñecido de Galicia. Detrás destas pezas que de vello se atopaban en calquera casa, atópase outra tradición, un saber que define a identidade dunha aldea a escasos 40 quilómetros.
Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo, é unha aldea que desfruta dunha cualidade única: É o berce do barro amarelo, un material único que fixo prosperar a olería local, ou os “cacharreiros”, como eles se chaman. As olas coas que se xogará en Xinzo mañá son obra de Enrique Cabana, un dos derradeiros cacharreiros da aldea e que realizou preto de 300 olas nos últimos meses para esta cita.
Enrique, quen comezou con 15 anos no oficio, explica que non lle vén de familia, pero que cando ían a escola -hoxe convertida en museo- adoitaban achegarse á cacharrería que había ao carón. “Eu aprendín cun dos mellores cacharreiros de aquí, Jose María “Cachela”, afirmou Enrique, que hoxe con 65 anos xa leva máis de 50 dedicados ao barro e a tradición. “Antes facíamos de todo, había máis de dez cacharrerías na aldea con tres ou catro homes traballando en cada unha”, recordou Enrique ao contar que hoxe adoita facer pezas máis pequenas porque son “mellores de facer, fallan menos, ocupan menos sitio no forno...”.
O cacharreiro explicou que lle cómpren preto de dous meses para facer as 300 olas de Xinzo, e que el e seu irmán comezaron a facelas hai máis de 20 anos, malia que “levamos moitos anos facéndolle as olas -aos de Xinzo-, xa antes ca nós había outros”. “Durante estes meses só facemos este encargo, teñen que ser para ise día e hai que cubrirse de imprevistos e problemas que poidan xurdir”, continuou, “encárganmas cara outubro, porque saben que facer esta cantidade de pezas a man de xeito artesanal dun día para outro é imposible”.
Malia que sen o esmalte o barro amarelo de Niñodaguia non luce esa cor, as olas que mañá racharan nas rúas de Xinzo están feitas deste material único. “Facémolas así porque este barro é máis lixeiro”, afirmou Enrique, “malia que non son todas iguais, ao estar feitas a man son parecidas, pero non pesan todas o mesmo”.
Ao preguntarlle a Enrique polo futuro da cacharrería, respondeu con honestidade: “Non hai relevo xeracional”. Apenas uns poucos quedan hoxe en Niñodaguia, “eu xa non o verei, pero os novos decataranse que a volta de moi pouco, non quedarán cacharreiros en Niñodaguia”. Ademais da dificultade do traballo, Enrique apuntou que “a xente ao mercar só mira o precio”, aclarando que xa moi poucos “se fixan na artesanía e lle dan o valor real que ten”.
Así, dúas das tradicións máis senlleiras da provincia, o entroido e a alfarería, danse a man no Domingo de Oleiro de Xinzo, unha data que materializa a identidade rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Galería | Comadres y Compadres protagonistas en A Gudiña
FIESTA CONJUNTA
El oriente ourensano se une para presentar su Entroido
DUDAS SOBRE IA
El cartel del Entroido de Viana sigue generando polémica
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
¿Votan los migrantes en las elecciones? Qué dice la ley y por qué el debate ha vuelto al centro de la política
ALTA VELOCIDAD DESAPROVECHADA
La ciudad de Ourense incapaz de rentabilizar el récord de viajeros que trae el tren
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 31 de enero