RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
Os Entroidos da provincia de Ourense estarán presentes nos “Encontros da Imagem”, o Festival de fotografía máis importante de Portugal, a través do traballo fotográfico de Roberto de la Torre “Microcosmos Hierofánico”.
Trátase dunha proposta expositiva comisariada por Vítor Nieves, onde destaca a presenza máxica das personaxes do Entroido, así coma as manifestacións enmascaradas da Península Ibérica na súa contorna natural. “Un conxunto de retratos en postura hierática onde procura transmitir o poder, intemporalidade e a trascendencia dos traxes rituais”, manifesta o autor.
O festival internacional, dedicado á fotografía e ás artes visuais, recorrerá varias cidades lusas, entre elas, Braga, Guimarães, Porto, Barcelos ou Avintes e Vila Verde.
A trixésimo quinta edición deste evento terá lugar entre os días 18 de setembro e 2 de novembro de 2025, e contará con máis de 35 espazos diferenciados. Baixo o lema “Manifestación de Interese”, e coa dirección artística de Vítor Nieves, o programa preséntase segmentado en tres eixos principais: Argumentarios, Disidencias e Transicións.
Este mostra propón unha programación diversificada, que inclúe exposicións de artistas nacionais e internacionais, premios, residencias artísticas e actividades paralelas no marco do servizo educativo. “A fotografía mantense como eixo central do festival, mais o programa expándese a outras linguaxes contemporáneas, integrando cinema, performance, instalación e vídeo-arte, nunha celebración das múltiples formas de expresión visual da actualidade”, sinala o fotógrafo de la Torre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último