30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
MOMENTO PARA A CATIVADA
A vila de Laza espertou o sábado aínda co recordo latente do vivido o día anterior no folión grande. Unha animada cea do cocido no pavillón municipal deu paso ao cuarto e último dos folións volveu ofrecer o seu conxuro de lume, bombos e chocos coa participación do Fulión de Trives e de centos de veciños que, dende o fondo da Cerdeiriña, foron percorrendo as rúas de Laza, Souteliño e Cimadevila.
Trala emoción desa noite, Laza viviu o Sábado de Cabritadas, que arrancou á tarde cos pasarrúas antes da fariñada na Picota. Os máis pequenos foron os que máis desfrutaron botándose fariña os uns aos outros, e os adultos rememoraron o seu tempo de cativos por un rato.
Xa pola noite, foi o turno das ceas das pandillas, e no fin de festa houbo unha concurrídisima verbena da man da discomóbil Space.
Esta domingo os lazaos experimentarán probablemente o momento máis emocionante do ciclo entroideiro, coa estrea dos Peliqueiros despois de todo un ano de agarda, o seu saúdo á saída da misa e o reparto da bica na Picota.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
DIEZ CONCELLOS OURENSANOS
La Xunta retirará miles de expedientes judiciales de los juzgados de Ourense: algunos datan de 1968