FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
ENTROIDO DE LAZA
O Concello de Laza xa ten lista a programación do seu entroido, a celebración máis senlleira da vila e parte do seu ADN. O ciclo festivo, que foi quentando motores cos folións, entra na súa semana grande cunha axenda cargada de tradición e celebración na rúa que se estenderá ata o Domingo de Piñata.
As actividades principais arrancan hoxe, Xoves de Comadres, co folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas da vila, dando paso á noite á tradicional Cea de Comadres e á verbena con Deluxe.
Tralo Folión Grande de mañá á noite, a festa continuará co Sábado de Fariñada e Cabritadas, onde a fariña tinguirá de branco a Praza da Picota amenizada por grupos musicais e, pola noite, celebraranse as ceas das pandillas seguida de verbena coa discomóbil Space.
O Domingo de Estrea marcará un dos fitos máis solemnes e agardados coa estrea dos Peliqueiros pola mañá, o saúdo aos asistentes á saída da misa e o reparto da bica na Praza da Picota. A música non cesará durante toda a xornada grazas ás charangas Bandiños Band e Big Band, o grupo tradicional Os Varacuncas e o desfile de carrozas, que culminará coa festa da orquestra Solara e a discomóbil A Gramola pola noite.
A intensidade manterase o Luns Borralleiro, día 16, unha data sinalada pola Farrapada, a enxebre Xitanada dos Burros e a espectacular Baixada da Morena, na que non faltarán formigas, fariña, toxos e cobelleiros. Tralo reparto da cachucha, as orquestras Alkar e Takikardia porán o broche musical.
O Martes de Entroido, os peliqueiros veteráns sairán á mañá nun día que inclúe o Testamento do Burro, o Enterro do Entroido e o Loito dos Peliqueiros, pechando a xornada novamente Alkar. Luns e martes poderase xantar e cear no pavillón.
O Entroido de Laza despedirase o domingo 22, Piñata, coa última saída dos Peliqueiros.
A xornada deste venres volverá ser a antesala dos días grandes do Entroido lazao. A tarde comezarase a animar cun pasarrúas coa charanga Bandiños Band, pero o prato forte chegará á noite coa celebración da gran Cea de Cocido no pavillón municipal.
A cita gastronómica será ás 21,30 horas, e por 23 euros ofrecerá un menú con cachelos, garavanzos, repolo con chourizo, orella, morro e lacón, máis bebidas, bica e café. Cómpre reservar o antes posible no 625 486 356.
Trala cea, a medianoite dará inicio o cuarto e derradeiro folión. A saída farase dende o fondo da Cerdeiriña, onde os chocos e os fachóns iluminarán a noite acompañados polos bombos do Folión de Trives, nun percorrido que levará a festa polas rúas de Laza, Souteliño e Cimadevila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último
ELECCIONES EN ANDALUCÍA
La gestión de Moreno ante el “No a la guerra” de Sánchez
IMPROVISACIÓN DEL CONCELLO
El PP critica la cancelación de actividades para conciliar