XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Os farrumecos, a figura tradicional de Entroido en Xunquería de Ambía, volveron dar comezo ao Entroido no Concello. A festa comezou xa a media mañá, as 12,00 horas, xunto con figuras doutros Entroidos como os felos de Esgos, as bonitas de Sande, as pantallas de Xinzo e peliqueiros e parrafóns de Campobecerros. Todas esas figuras tradicionais percorreron as rúas acompañados da música de Ataruxa Pandereitas de Xunqueira. A tarde tivo lugar a saída de Sobradelo, que comezou cara as 17,00 horas e foi percorrendo a aldea e visitando aos veciños para que poidesen desfrutar do Entroido e destas figuras tradicionais. A música púxoa Perrito Piloto. O evento rematou ca cea, que comezou sobre as 20,00 horas e logo desfrutaron do concerto de O Moro.
A tradición dos farrumecos recuperouse recentemente pola asociación O Tangaraño. Estas figuras non falan e cando os veciños se negaban a darlles algo, estes devolvíanlla con algunha trasnada. Moitos cativos e cativas puxeron o traxe de farrumeco e andaban a tirar millo polas rúas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 10 de octubre
POLÍTICA AUTONÓMICA
Rueda reclama más apoyo a los proyectos energéticos