FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Os Farrumecos son unha figura tradicional do Entroido galego, especialmente vinculada á aldea de Sobradelo, no concello de Xunqueira de Ambía, provincia de Ourense. Esta máscara, cuxas orixes se remontan a tempos inmemoriais, foi recuperada hai poucos anos grazas ao esforzo e implicación da veciñanza, especialmente da Asociación Tangaraño Cultural Sobradelo.
Precisamente hoxe é un día importante xa que participan nun desfile que terá lugar en Xunqueira de Ambía a partires das 12,00 horas. Neste desfile están convidados os Felos de Esgos, As Bonitas de Sande, as Pantallas de Xinzo e os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros. O percorrido estará animado coa música de Aturuxa Pandeiretas de Xunqueira.
Ás 17,00 horas será a saída de Sobradelo cos entroidos convidados e farán un percorrido polas aldeas e visitarán as casas. A animación virá da man de Perrito Piloto. A partires das 20,00 horas será a cea de Farrumecos e as 22,00 horas, haberá un concerto con O Moro (Rubén Abel). As actividades son fruto da colaboración entre a asociación cultural O Sobradelo de Tangaraño e o Concello de Xunqueira de Ambía.
Cabe mencionar o director do CEIP Padre Crespo, Xabier P. Gallego, por involucrarse no entroido así como a todos os compañeiros e nenas e nenos do centro que crearon miniFarrumecos para agasallar aos entroidos convidados.
A tradición dos Farrumecos perdeuse durante décadas, ata que en 2017, Rochi Nóvoa e a súa familia decidiron revitalizala. Aínda que a vestimenta orixinal non se conservou exactamente, os actuais Farrumecos levan caretas feitas de engrudo de pintadas de branco, pañoletas de cores na cabeza e capas de raso adornadas con lazos vistosos. Antigamente, os homes vestían con roupas femininas sobre as súas propias, cubrían a cara con gasas e a cabeza cun pano.
A indumentaria dos Farrumecos destaca por a careta, elaborada en cartón, pintada de branco para darlle maior dureza, pañoleta, de cores vivas, cubrindo a cabeza, a capa de raso, adornada con lazos de diversas tonalidades e levan tamén xestas ou cobelleiros nas mans, elementos que utilizan durante as súas falcatruadas.
Os Farrumecos percorren as rúas da aldea durante o Entroido, mantendo unha actitude silenciosa e evitando interactuar directamente cos demais. Antigamente, representaban oficios e, se os veciños non lles ofrecían nada, realizaban trasnadas como cambiar obxectos de sitio ou tocar a campá.
A recuperación dos Farrumecos representa un esforzo significativo por preservar e revitalizar as tradicións culturais galegas. Grazas á memoria dos máis vellos e á implicación dos veciños, esta figura emblemática do Entroido volveu cobrar vida, enriquecendo o patrimonio inmaterial da rexión e fortalecendo a identidade comunitaria.
No Entroido da zona de Sobradelo, o protagonismo dos Farrumecos adoita vir acompañado doutros elementos e figuras que enriquecen a celebración. Estes forman parte dunha comitiva festiva que historicamente era unha manifestación de sátira, crítica social e humor. Tamén destaca a tradición da gitanada, unha representación teatral burlesca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último