FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
O tradicional Entroido de Manzaneda xa está en marcha. Dende o pasado 31 de xaneiro, o fulión non deixou de soar polos pobos do municipio, levando o seu espírito festivo de aldea en aldea cada fin de semana.
O fulión da Mourela p’acá comezou en Palleiros o último venres de xaneiro e pasou por Placín e Trabazos na pasada fin de semana, enchendo as rúas de música e cor.
Agora, a seguinte parada será Raigada, onde este sábado 15 de febreiro, ás 20,00 horas, os bombos, aixadas, cornas e gadañas farán tremer o lugar cunha nova ronda desde que o permiso estea concedido.
Pero o Entroido de Manzaneda é moito máis que estas xuntanzas. O Concello, en colaboración coa Asociación Fulión de Pumbariños, a Asociación Langullo e a Asociación do Fulión da Mourela p’acá, publicou o programa oficial desta festa, declarada de Interese Turístico Galego.
Unha das citas máis esperadas será o Martes de Entroido, o 4 de marzo, cando os fulións desfilarán dende o CEIP de Manzaneda, a partir das 11,30 horas, tras a tradicional petición de permiso. Nesta ronda participarán os fulións locais e tamén convidados doutros lugares próximos. Despois da celebración, haberá un gran xantar popular no pavillón, onde a troula seguirá ata ben entrada a tarde.
Pero antes de que chegue o día grande, hai outra cita marcada no calendario: os xoves 20 e 27 celébranse compadres e comadres, colgando os lardeiros e lardeiras na vila co finde ridiculizar ao sexo contrario, e o 22 de febreiro terá lugar a Fuliada da Mourela p’acá, que este ano se celebrará en Cernado a partir das 11,00 horas. Un evento que cada ano reúne a máis veciños e visitantes, onde non só está o atractivo do fulión cas súas mázcaras danzando diante, senón ao seu remate e antes do xantar de confraternización baixo unha carpa, os propios veciños representan obras de teatro creadas por eles mesmos en ton de humor, nas que tratan as noticias máis relevantes da contorna e da sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas