30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
COMPROMISO COA PERVIVENCIA
A Xironda, no concello de Cualedro, amosa ano tras ano o seu compromiso coa pervivencia do seu Entroido, unha celebración que une a tódolos veciños en cada unha das datas sinaladas. O sábado foi o momento de xuntarse para elaborar o "Entroido", unha enorme figura de palla con atributos masculinos que simboliza a festa e que se acabará subastando e queimando o martes.
Nunha nave, os habitantes foron elaborando unha estructura de maderia que sostuvera a gran cantidade de palla que, unida con cables de ferro, fora dando forma á figura. O proceso arrancou coas xuntanza ás 16:00 horas para ir a por leña. Arredor das 19:00 comezou a elaboración en si, con parada para cear en grupo. Finalmente o Entroido non quedou rematado ata xa pasada a madrugada.
Este ano os veciños comentan que pesaba máis ca anos anteriores e que tamén lles quedou un pouco máis grande. Para transportalo ata a praza, onde luce dende pola noite, tiveron que empregar un remolque tirado por un tractor, con coidado de que non quedara atascado no seu percorrido.
Co Entroido xa na praza, esta mañá tocou unha nova saída despois de misa das Mázcaras, a figura tradicional da Xironda. Un grupo de 30 delas fixeron soar os chocallos e percorreron a aldea lucindo as súas características caretas e a predominante cor vermella que as identifica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra