XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
A Veiga viviu este sábado, 8 de marzo, o seu Día Grande do Entroido cunha participación multitudinaria a pesar da presenza da chuvia e o vento traídos pola borrasca Jana.
Máis de 1.000 persoas e 26 grupos desfilaron polas rúas da localidade, enchendo de cor, música e tradición un evento organizado pola Asociación Cultural O Son de Trevinca en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Veiga.
A climatoloxía adversa intentou truncar o desfile, pero iso non impediu que a festa continuase. Os participantes sortearon a chuvia e remataron no pavillón municipal, onde seguiu a celebración con gran entusiasmo.
Foron 17 os fulións convidados a esta xuntanza: A Veiga, As Tablillas Valdín-Porto, Arrieiros de Petín, A Lardeira de Piñeiro (A Pobra de Trives), Petín, O Tameirón, O Fiadeiro da Pobra de Trives, Penouta e Ramilo, Os Labregos de Trives, Cabo da Vila de Viana, Carracedo da Serra, Buxán, Bembibre, Chandrexa de Queixa, Fradelo, Vilariño de Conso e Mormentelos.
Ademais dos fulións, nesta gran celebración participaron 9 grupos de máscaras e figuras tradicionais que deron maior autenticidade e vistosidade á festa. Entre elas destacaron o Oso de Salcedo, Cabreiros de Muíños, Os Peteiráns de Freás, Chocalleiros de Vilardevós, Follateiros de Lobios, Danzantes e Vellos de Vilameá, Vellarróns de Castrelo de Cima (Riós), Felos de Maceda e Charrelos, Boi e a Morte da Veiga.
O desfile iniciouse pasadas as 15,50 horas. A figura da Morte, propia de Valdín e símbolo do peche do Entroido, foi a encargada de poñer o punto final á festa, acompañada por fachóns que iluminaban a despedida deste ciclo festivo.
Malia as adversidades meteorolóxicas, A Veiga conseguiu poñer o broche de ouro ao Entroido da provincia, consolidándose como unha das citas imprescindibles para os amantes desta tradición ancestral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
SUBEN LOS PISOS EN VENTA
Frenazo en el alquiler de vivienda habitual a la espera de las elecciones
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 10 de octubre?