XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CHEOS DE RETRANCA
Tras superar as comadres e vibrar o venres co compadreo, a vila do Támega somerxeuse o sábado nunha xornada típica da súa gran festa, cos entroideiros desfrutando dende pola mañá e coa praza García Barbón e rúas do casco histórico convertidas no epicentro da troula.
A música foi o motor da festa, con charangas dende cedo e o tradicional circuito de charangas á tarde. Ademais, houbo sesión vermú, e tres concertos vespertinos, con especial seguimento o do veciño de Ábedes Pappaquino.
O sábado tamén foi o día para que moitas pandillas luciran os seus disfraces grupais, cheos de retranca. Como manda a festa, os temas de actualidade e as vestimentas con dobre sentido foron as raíñas.
Hoxe Verín prepárase para o primeiro desfile do seu Entroido ás 12:00 horas, nun espectacular percorrido ao que se agarda que acudan milleiros de veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último