30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
FOLIÓN DOS NENOS
O Xoves de Comadres chega un ano máis á vila de Laza, e de novo os encargados de arrancar o día serán os cativos do CEIP O Castiñeiro.
Ás 14,00 horas, dende o patio do colexio, iniciará o “folión dos nenos”, un percorrido polas rúas que concentra todo o entroido lazao e no que non faltarán os disfraces, a música, unha gran formiga, o burro de madeira e a Morena.
Os máis pequenos volverán amosar a súa orixinalidade e creatividade no desfile, que está a expensas da climatoloxía. No caso de chuvia, toda a actividade realizarase no patio cuberto.
Á noite, a veciñanza darase cita con motivo da tradicional cea de comadres. A velada continuará trala sobremesa cunha verbena, amenizada por DJ D’lux, na Praza da Picota.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último