XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Coas imaxes do Luns Borralleiro aínda gravadas nas retinas da veciñanza de Laza, a súa ancestral celebración viviu onte con paixón último día do seu ciclo entroideiro, malia aínda quedar pendente o vindeiro Domingo de Piñata.
A mañá estivo reservada aos “mestres”, os peliqueiros veteráns, portadores das esencias e da raza única lazá, que saíron e correron novamente pola Picota en homenaxe propia e tamén aos que os sucederon. Un espello no que mirarse, posto que moitos dos peliqueiros máis mozos protagonizarán algún día idéntico momento noutro Martes de Entroido. Porque o Peliqueiro nace, non se fai.
Malia ser o derradeiro día, a música non deixou de sonar en ningún. Primeiro coas charangas Os Kokakolas e o grupo tradicional No Cómbaro, e despois en sesión de tarde coa orquestra Alma Latina.
Os rituais matinais foron o preámbulo do Testamento do Burro, un acto tan solemne coma conmovedor, que resumiu con palabras, devoción e xestos o sentimento colectivo de Laza. Na lectura do “testamentario” non quedou persoa senlleira por lembrar, nin evento do ano por repasar, sempre dende unha visión mordaz. Os aplausos e o son dos chocos fundíronse cos “vivas” ao seu Entroido, único e indómito.
Tras repartir as partes do burro, chegou o momento de enterrar o Entroido. Incontables peliqueiros, coas faixas de cor negra en sinal de loito, xunto cos veciños que encheron A Picota, amosaron a súa tristura polo final deste ciclo, que en Laza equivale ao fin do ano e á chegada, agora si, do 2025. Porque os lazaos non contan os anos coma o resto, senón que o seu reloxo vital divídese entre “antes do Entroido” e “despois do Entroido”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico