XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
PRESENTACIÓN LITERARIA
O auditorio de Verín acollerá este sábado a presentación do libro “A pericia dun golfiño”, do músico e escritor Edelmiro “Mirito” Mateo. O autor debuxa unha biografía sobre José Ramón González Sola, máis coñecido na vila como “Fanfán”, unha das personalidades máis ilustres e emblemáticas do entroido local.
Este entroideiro, xa retirado da primeira liña da celebración, non precisa de presentación na vila que o viu nacer. “Fanfán” foi durante máis de cinco décadas unha referencia pola súa vasta creatividade e imaxinación na troula, o disfraz e na creación de espectaculares carrozas cheas de artiluxios, grazas ao seu enxeño e coñecementos como mecánico electricista. “O Entroido non son os disfraces senón as ocurrencias que saen no momento, facer o louco, o chiste, como facíamos cando estaba proibido na ditadura”, reflexiona “Fanfán”.
Para Mateo, este persoeiro merecía unha “homenaxe en vida” que puxera en valor “a astucia, picardía, intelixencia e chispa” de “Fanfán”, que na súa opinión é alguén salientable en tódalas facetas: “Como amigo, cidadán, veciño, industrial, empresario, concelleiro e entroideiro”. Define a obra como unha “pequena biografía con moitos elementos e historias, que contextualiza a súa figura, traza a súa vida e narra as peripecias no Entroido. Tódolos anos o seu número era a saída máis agardada”.
O acto de presentación do libro terá lugar no auditorio, ás 19,00 horas. Durante o mesmo desvelarase un busto hiperrealista de “Fanfán”, tallado en madeira polo artesán Gerardo Fernández, quen o quixo inmortalizar porque “persoas coma esta non nacen tódolos días, polo que xuntei a súa nobreza coa nobreza da madeira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico