En Lobios vívese o Entroido coa alegría da tradición
DANZANTES
O bo tempo permitiu que os danzantes de Vilameá, Lobios, saísen a bailar como cada ano polo Entroido
O Entroido é unha celebración chea de sorpresas, e este ano non foi a excepción, sobre todo no que respecta ao clima. O bo tempo permitiu que os danzantes de Vilameá saísen a bailar como cada ano, e tamén se representaron diversas figuras mitolóxicas, aparecendo tamén máscaras e caretas que axudaron a revivir o espírito entroideiro da localidade. A tradición do enxebre fíxose evidente para lembrar o inxenio das lendas locais.
Os asistentes, animados polos gaiteiros e o ambiente musical, gozaron da xornada. Celebrouse o Entroido Vello e o Entroido Novo. Pero só foi posible facer o baile do Pau cas 10 fitas, con 5 parellas de danzantes. A desfavorable climatoloxía dos días anteriores impediu facer o material nin ensaiar o Baile dos Arcos nin o Baile das Palmas.
Con todo, o recortar algúns momentos non impediu que en Lobios vivísese plenamente a alegría entre todos os que participaron nesta cita. Persoas de todas as idades reuníronse para darlle vida a un dos momentos máis importantes da localidade no inverno, deixándose levar polas risas que caracterizan o Entroido.
Chocolatada final
O día avanzou sen que a choiva se asomase para arruinar a celebración. A xornada concluíu con chocolate con churros, aínda que algúns optaron por pechar o día continuando a celebración pola noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | A Merca disfruta de una gran Festa do Porco ó espeto, en fotos
ATERRIZAJE DE EMERGENCIA
Un pasajero es parcialmente succionado tras romperse una ventanilla en un vuelo de Ryanair en Grecia
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado 11 de julio