CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Os veciños de Maceda viviron a queima do meco con gran pasión e emotividade para despedir o seu particular Entroido.
O acto tivo lugar o sábado na Praza das Toldas, cunha procesión fúnebre animada pola charanga A Felga de Maceda.
Ó remate da queima do meco, houbo unha pinchada para tódolos asistentes a cargo da Asociación Cultural Taberneiros do Pobo.
Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda, quixo despedirse do Entroido nun comunicado: “Botarémoste moito de menos. A espera farase longa pero aquí seguiremos agardando. Entroidiño, énchesnos o corazón de alegría. De aquí nun ano. Aproveitar a oportunidade para agradecer a todas as asociacións e grupos de xente que fixeron posible este Entroido 2024. Facer unha mención especial as veciñas das aldeas que encheron as mesas de pinchos e doces para os nosos queridos Felos ao seu paso pola serra. Que bonito foi!”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último