30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Subidas e baixadas, golpes, caídas e máis dun descanso sobre o asfalto ou nas cunetas, resumen a viaxe de onte de Milei polas aldeas de As Teixugueiras e Xinzo. Neste recuncho do concello de Cartelle, o Entroido vívese con emoción e certa anarquía -respectando a tradición- no ritual que ten ao meco como protagonista.
Perrucas, gorros, roupa cómoda e certas condicións físicas son os requisitos para tirar do carro no que onte ía Milei, e que nos últimos anos xa probaron outros personaxes nacionais e internacionais. Unha viaxe que emulaba -contan os máis veteranos- a que foi sometido un inxusto cobrador de impostos en tempos de Felipe V, e que hoxe é motivo de festa e confraternización veciñal.
A comitiva, onde non falta o peliqueiro e a música dos Rianxeiros, percorreu durante varias horas a parroquia que incluíu a baixada polo Cótaro e a subida pola Barreira ata o Outeiro do Meco. A festa rematou á tardiña, coa lectura do testamento e a música de Os Rianxeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O día que tremeu a terra e calou a burga
TRAS DOS DERROTAS
El Voleyourense se lleva el derbi en A Coruña (2-3)