RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
Pili e Mercedes son as dúas derradeiras costureiras de traxes de felo tradicionais que quedan no concello, e tanto Mercedes coma Pili dicían que “o último que farían na vida é coser”.
A nai de Mercedes, Remedios, é costureira, e ela, ao ser a máis vella dos irmáns, tiña que axudar, polo que sempre lle dicía que “vou facer o que sexa, pero na vida vou coller unha agulla”.
Entre risas, comentou que sempre lle gustou traballar coas mans e foi sempre creativa con elas, “foi o que sempre me gustou e seguino facendo toda a vida”. Pili era como a irmá pequena e sempre estaba metida na casa da familia de Mercedes, xunto a nai dela. “E montaron un taller e ala fun eu, e desde aquelas estamos cosendo”. Levan uns 20 anos facendo os traxes de Felo, pero como elas mesmas din, “cosendo levamos a eternidade e algo máis”.
Antes os traxes facíanse na casa, cada un como podía, e as mulleres din que “antes non había este ímpeto por vestirse de Felo”. Fai non tanto tempo, non había máis de quince traxes e este ano Pili fixo bastantes, a maioría para a súa propia casa, “faría uns dez ou doce traxes este ano”, ao que Mercedes comenta que este ano fixo arredor de seis traxes completos. “Non todo o mundo fai o traxe enteiro, moitas veces veñen para rematalos pois teñen o pantalón e fáltalles a chaqueta ou o revés”, aclara Mercedes, que xa ten varios encargados para o ano que ven.
Ambas concordan en que dende os organismos oficiais debían protexer máis as tradicións e o valor de facer as cousas a mano, e coidan que hoxe se premia máis o deseño e a innovación que a artesanía. “Debíase respectar as normas do traxe de felo, porque vense moitos disfraces”, di Mercedes, que é estudosa do traxe tradicional e fai fincapé en que se fagan as cousas valorando a tradición. “Non é polo deseño ou polo modelo, pero por exemplo, non podes facer un traxe de Felo largo ata os nocellos”.
Explican que aínda hoxe hai sitios onde alugar estes traxes, pero están moi solicitados, “non chega a nada, a dous meses do Entroido xa non hai”, di Mercedes. Pili comenta que lle adoitan preguntar porque non fai traxes de Felo para alugar, principalmente para os cativos.
Mercedes describiu o felo: “O traxe de aquí leva a camisa branca, a garavata, unha faixa ou colcha debaixo para suxeitar as chocas, o pantalón con medias negras e calcetíns brancos. Antigamente levábanse chancas pero hoxe en día lévanse botas porque son máis cómodas. Finalmente a chaquetiña de fóra que é o que máis luce xunto coa carauta e o cinto das cinco chocas, que son tres machos e dúas femias intercaladas”.
Tamén aclarou que “Unha das pezas principais son os panos, moi distintivos de cada familia, xa que só había un pano ou dous en cada casa”. Pola súa banda, Pili explicou que “os panos intercambiábanos para que non se soubera quen era cada un, igual que cas medias da casa, que se lle quitaban as nais e irmas e para que non se lles coñecera intercambiábanos entre eles”.
SEMANAS DE TRABALLO
O tempo que se tarda en confeccionar un traxe de felo varia moito, segundo nos comentan as costureiras, xa que “hai que facer as puntillas a man, os pelillos a man, os flecos todos tamén a man... vaise facendo pouco a pouco”. Pili engade que “a chaqueta só pódeche levar dous días sen parar nada, traballando de arreo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último