PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
“Como se fixo toda a vida”, así elaboraron os cativos e cativas de Maceda os famosos bolouros, unhas boliñas de barro negro que, antigamente, eran as que se empregaban para pintar a cara durante a festividade do Entroido.
Esta tradición xurdiu nos pobos de Tioira, Carguizoi e Xinzo de Costa, en Maceda, onde se collía -e aínda se fai- o barro especial, e os nenos xogaban a pintarse os uns aos outros. En Maceda recordan que antes, para o Entroido, non existía toda a oferta de disfraces e teas que hai actualmente, e a xente tiña que “botar man do que había” e agudizar o enxeño.
Este luns a media mañá, os cativos participaron nunha bolourada. Antes celebrouse un obradoiro para que puidesen aprender a facer estas pequenas bolas.
A Charanga A Felga animou toda a mañá de xogos na Praza Miguel de Cervantes e, ao remate da xornada, houbo pizza para todos os rapaces e rapazas. A Fenda e A Chuche Mecánica organizaron este tradicional evento coa colaboración da ANPA do Colexio de Maceda, o Concello e o Club Ciclista Maceda.
O Entroido continuará hoxe na vila cun desfile de carrozas e comparsas que partirá ás 17,30 horas da Praza das Canteiras. A Orquesta Fusión poñerá a nota musical dende as 19,00 horas. A cita será na Praza das Toldas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños