Parada de Amoeiro combina tradición e gastronomía
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O programa do Entroido de Parada de Amoeiro dará comezo o domingo 15 de febreiro cun percorrido polas aldeas de Amoeiro, acompañados pola charanga Tattoo
A parroquia de Parada de Amoeiro, no concello de Amoeiro, volverá vivir entre os días 15 e 18 de febreiro a súa tradicional celebración do Entroido, unha festa moi arraigada na zona que combina música, percorridos polas aldeas, gastronomía e actos simbólicos que poñen o broche final ao ciclo festivo. O programa dará comezo o domingo 15 de febreiro cun percorrido polas aldeas de Amoeiro, acompañados pola charanga Tattoo. A saída das carrozas está prevista para as 9,00 horas dende o Cruce de Parada. Ao regreso ao punto de partida, a xornada continuará ca festa amenizada polo dúo Explosión.
O luns día 16 a celebración ampliarase a outros concellos da contorna. Dende Eirexa, a partir das 9,00 horas, realizarase un novo percorrido polas aldeas e Amoeiro, Cea e Maside, nesta ocasión acompañados pola Batukada Vilatuke. Ao remate do percorrido, a festa continuará coa verbena na que actuarán París de Noia e Markos Kintana.
O martes 17 será unha das xornadas centrais do Entroido en Parada de Amoeiro. Ás 11,00 horas terá lugar o desfile de carrozas pola parroquia coa música do Mariachi Mi Tierra. Xa pola tarde, ás 15,00 horas, celebrarase a tradicional comida popular, cun menú composto por empanada, carne ó caldeiro, patacas, chourizos, pan e café, cun prezo de 13 euros. A xornada completarase coa festa amenizada pola orquestra Miramar, na que tamén se realizará a entrega de premios.
O Entroido de Parada despedirase o mércores 18 de febreiro ás 20,00 horas coa celebración do Enterro da Sardiña e a Queima do Meco, actos que poñen fin á festa e que manteñen viva a tradición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
José Ángel Vázquez Barquero
La Ribeira Sacra, una candidatura de Estado, un proyecto de país
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia
Roberto González
El chantaje migratorio