CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
CASTRELO DO VAL
A parroquia de Campobecerros, en Castrelo do Val, prepárase este sábado para celebrar o seu tradicional entroido, no que non faltarán os peliqueiros, nin as formigas nin o borrallo.
Os peliqueiros protagonizarán unha primeira saída matinal polas rúas da aldea, un momento moi emocionante para a veciñanza e os numerosos visitantes de vilas da contorna. Tamén se unirán os parranfóns, o cervo e a vaca do Entroido, que desfilarán coas carrozas.
Tras un xantar popular, ás 14,30 horas, a festa e a tradición en Campobecerros continúan á tarde coa tirada da fariña, borrallo e as formigas. Este cóctel acaban tinguindo os viais do núcleo cunha capa de cinsa, transformándoo nunha divertida batalla campal.
Ademais, os peliqueiros non deixarán de correr facendo soar os seus chocos, mentres aproveitan para ir batendo coa zamarra nos que se interpoñan no seu camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último