Peliqueiros, troula e a mellor bica en Laza
O Entroido de Laza, declarado de Interese Turístico de Galicia, é un dos vértices do Triángulo Máxico do Entroido ourensán
O Entroido de Laza 2025 xa leva varios días preparando a súa semana grande, con unha programación que é un dos puntos de interese da provincia durante estas últimas datas de febreiro e comezos de marzo. ten programación.
Tras desvelar o cartel, a medoados de xaneiro, a comisión e o Concello lazao revelaron as datas e as actuacións musicais que amenizarán os días de entroido. Os horarios dos actos dos días máis sinalados dependerán da climatoloxía, pero sempre se celebrarán.
- Hoxe, sábado 1 de Marzo, Sábado de Cabritadas: Pola tarde celebrarase a Gran Fariñada na Praza da Picota con música do grupo LouBand. Tamén haberá pasarrúas animado po la banda Tanto Nos Ten. Pola noite terá lugar a Troula e Cabritada dos Mozos. A formación Grupo 3.COM animará a verbena.
- Mañá, domingo 2 de Marzo, Domingo de Estrea: Pola mañá os Peliqueiros estrearanse no Entroido de Laza e tras a misa dominical, saudarán aos fregueses. A continuación, repartirase na Praza da Picota a bica do Peliqueiro. Nesta xornada, as charangas Europa e Os Kokakolas encargaranse dos pasarrúas. Pola tarde os Peliqueiros acompañarán as carrozas carnavalescas no seu desfile. O desfile contará coa animación musical do grupo tradicional Os Varacuncas e a charanga Felga.Pola noite: A charanga Los Támega e o grupo M3 Show animarán a verbena.
- Luns 3 de Marzo, Luns Borralleiro: Pola mañá levarase a cabo a Farrapada, a procesión da Xitanada dos Burros e farán acto de presenza os Maragatos. O pasarrúas correrán a cargo dos grupos No Cómbaro e Varacuncas. Pola tarde os asistentes poderán gozar coa música da charanga Europa. Tamén terá lugar a Baixada da Morena desde Cimadevila, acompañada por as formigas, toxos e cobelleiros. A continuación, repartirase cachucha para que degusten todos os asistentes.O grupo Festicultores animará a festa e a orquestra Triunfo amenizará a verbena.
- Martes 4 de Marzo, Martes de Entroido: Pola mañá saída dos Peliqueiros veteráns e os grupos No Cómbaro e Os Kokakolas animarán o pasarrúas. Pola tarde os asistentes poderán gozar co baile a cargo da orquestra Alma Latina, que dará paso á lectura do Testamento do Burro, ao Enterro do Entroido e ao Loito dos Peliqueiros. A charanga Bicoia porá a nota musical ao baile da noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero