30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
VENRES DO COMPADREO
Esta cita do Entroido da vila do Támega, que gaña adeptos cada ano, arrancou como de costume coa saída de dous carros do compadreo dende o barrio de San Lázaro. A carrada desenvolveuse baixo a choiva, o que non impediu que os verinenses se foran unindo ao ritmo d’Os Festicultores Troupe, que un ano máis puxeron a bailar a toda a vila coa súa forza escénica.
A climatoloxía obrigou a que, tras chegar á rúa Irmáns Moreno, os carros deran volta cara a Praza García Barbón, onde tivo lugar baixo a carpa a degustación de viño e o tradicional porco ao espeto. Trala degustación, a velada continuou coa música e a troula ata altas horas da madrugada.
O Entroido de Verín continúa este sábado con pasarrúas a cargo das charangas Jalácticos e Airiños do Cereixo. Ás 12,30 horas terá lugar unha sesión vermú na praza con Somoza Trío. De 17,00 a 22,00 será o turno do xa habitual circuito de charangas polas rúas da vila. En paralelo, a partir das 18,30 actuarán na praza o anfitrión Pappaquino, La Oca Band e Alkar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último