RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
Verín amenceu este Domingo de Corredoiro, no que cada ano se dan cita centenares de cigarróns, coma unha vila pantasma. As rúas permanecían baleiras porque o Entroido vivíase de portas adentro, a apenas dúas horas do inicio do desfile. Bastaba con adentrarse no casco vello para ver e escoitar a decenas de grupos preparando a contrarreloxo aos cigarróns, botándose unha man uns a outros. Un ritual, o de vestir o traxe, que só poden facer con axuda, e que pode levar ata dúas horas en total.
Verín amenceu este Domingo de Corredoiro, no que cada ano se dan cita centenares de cigarróns, coma unha vila pantasma. As rúas permanecían baleiras porque o Entroido vivíase de portas a dentro, a apenas dúas horas do inicio do desfile.
Bastaba con adentrarse no casco vello para ver e escoitar a decenas de grupos preparando a contrarreloxo aos cigarróns, botándose unha mans uns a outros. Un ritual, o de vestir o traxe, que só poden facer con axuda, e que pode levar ata dúas horas en total.
Os amigos Pablo, Isma, Álex, Alberto, Adrián e Santi erguéronse cedo para ir todos xuntos a un piso ao carón da Praza Maior. As habitacións convertéronse en improvisados ateliers nos que Carme, Berta, Concha, Clara, Paloma, Tere, Ana, Silvia, Inma e Julia encargáronse de todo o proceso. Comezaron coas medias e os pantis, seguido pola camisa, a primeira faixa, o pantalón e os tirantes. Despois veu a segunda faixa, que se cose para evitar que se mova, tralo que xa “só” quedou por vestir a corbata e a chaquetilla, pór as chocas e colocar a careta.
O Cigarrón, protagonista absoluto do Corredoiro, non sería tal de non ser polas mans que axudan a encarnar a este personaxe. Unha cadea humana que arrinca nos artesáns do traxe e da careta, e que remata co son das chocas facendo vibrar as rúas de Verín, zamarra en man, correndo e batendo, tal e como marca a natureza do Cigarrón.
Xa preparados, varios centenares de cigarróns encheron as principais vías do centro, ateigadas por miles de persoas que non quixeron perder o espectáculo nun día solleiro. Grupos de tódalas idades correron e amosáronse con orgullo, nun día por e para eles.
Posteriormente, a festa trasladouse á zona vella. Mentres a música d’A Gramola e Los Támega animaba á multitude na praza, as chocas alertaban do paso dos cigarróns, que recibiron a bendición á saída de misa e frecuentaron a súa praza e outras rúas lindeiras.
O momento máis especial tivo lugar no pregón, a cargo de dous fillos e un neto do entroideiro Toño Prieto “Toné”, recentemente finado. O discurso foi toda unha homenaxe a el e ao Entroido verinense, no que Toné en primeira persoa asegurou querer “oficializar o entroido tamén aquí arriba”, e que rematou ao grito de “Que viva Verín, que viva o Entroido, que empece o jolgorio neste Corredoiro!”
Contenido patrocinado
También te puede interesar