Entroido 2023: Ribadavia recupera a máscara da botarga
O Entroido de Ribadavia ofrece este ano como novidade un obradoiro de recuperación do traxe e máscara tradicional do Ribeiro de Avia: “A botarga”. Ata comezos do século XX, a botarga foi durante os entroidos a máscara máis popular.
Eladio Rodríguez, que fora presidente da Real Academia Galega entre 1926 e 1934, e natural de San Clodio de Leiro, deixou rexistrado no seu dicionario que: “Hasta comienzos del siglo XX, la botarga fue durante los carnavales la máscara más popular en el Ribeiro de Avia, lo mismo que en otras comarcas ourensanas. Traía en la mano una vejiga de cerdo, inflada, sujeta por un cordel, y una especie de rebenque con que ahuyentaba y perseguía a los muchachos”, tal e como recordaba nun artigo o profesor Frutos Fernández. Será os días 17 e 18 de febreiro, ás 19,00 horas, no Club Artístico, podendo facer as inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Neste Entroido haberá concurso de disfraces o martes de Entroido durante a festa na Praza Maior, coas categorías de infantil, adulto e grupal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FOMENTANDO EL DEPORTE BASE
Galería | La cantera del hockey sala ourensano disfruta de una jornada de competición con +Deporte La Región
DOS EN MENOS DE UNA SEMANA
Las defensas antiaéreas de la OTAN impiden por segunda vez que un misil iraní impacte en Turquía