A ronda do fulión da Mourela pra´acá percorreu Raigada
No Concello de Manzaneda, na pequena aldea de Raigada, a maxia do Entroido fíxose sentir co son telúrico dos bombos resoando nas súas rúas mentres as mázcaras bailaban ao seu ritmo
Coa noite xa enriba e tan só cunha suave luz nas súas farolas iluminando as rúas estreitas da vila, esta fin de semana, a celebración entroideira cobrou vida na vila de Raigada, onde o Fulión da Mourela Pra´acá amosou o seu encanto na tradicional ronda do fulión. Estas visitas percorren as diferentes aldeas, explicando os seus veciños que non se trata dunha fuliada, senón de percorrer o pobo con esencia e vitalidade ata que o corpo aguante e ben entrada a madrugada.
O punto de encontro, chamado O Castiñeiro, convertíase no epicentro en Raigada. Alí, as máscaras avanzaban con elegancia e firmeza, marcando a súa presenza, seguidas dos membros do fulión. O colofón chegou cando, diante dos veciños de Raigada, o fulión visitante pediu permiso en verso, para tocar e compartir a festa coa comunidade. Foi unha veciña de Raigada quen llo concedía tamén en verso, dando paso a unha longa noite de fulión polas rúas da aldea.
Máis dun centenar de persoas entre visitantes e membros do fulión percorreron as estreitas rúas da vila, parando estratexicamente en adegas, casas e puntos sinalados para repoñer forzas. O son da corna, os bombos e aixadas inundaron cada recuncho, mentres as mázcaras non pararon de bailar, lucindo as súas chamativas cores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
VIOLENCIA DIGITAL
La Fiscalía recalca el valor de conservar las “ciberpruebas”
Fermín Bocos
Cuando el fútbol une
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 18 de julio