30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
A base de Protección Civil de Verín acolleu este lunes a reunión de coordinación do dispositivo de seguridade do Entroido.
Esta reunión foi o escenario no que se trazou un plan específico para cada día, tal e como vén desenvolvendo dende 2013 a área de Seguridade Cidadá do Concello verinés.
Tamén se definiron os protocolos de actuación en caso de incidencia e estableceuse a coordinación entre os equipos de emerxencia, que este ano serán as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Verín, A Gudiña, A Coruña e Ferrol, Policía Local, Garda Civil, Tráfico, Axencia Galega de Emerxencias e a empresa Ambulancias Sil.
Entre o máis destacado, durante o Corredoiro haberá cortes de tráfico na N-525 e na Alameda. No Desfile Infantil o tráfico rodado do centro da vila estará controlado e regulado pola Policía Local para evitar que vehículos de grandes dimensións e/ou de mercadorías perigosas queden atrapados no mesmo.
O Xoves de Comadres contará cun dispositivo formado por máis de 50 efectivos, coordinados dende o posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias na praza García Barbón, cun equipo de videogravación. O Venres de Compadreo haberá efectivos da Policía e de Protección Civil nas rúas. E o Sábado de Entroido realizarase un preventivo á noite cun posto sanitario na rúa Lisa.
Por último, no desfiles do Domingo e Martes de Entroido cortarase o tráfico nas avenidas Luís Espada e Castela, o domingo a partir das 11,00 horas, e o martes dende as 16,00.
No tríptico que se reparte entre veciños e visitantes incluíronse consellos de seguridade no caso de emerxencia, así como o plano coas zonas de aparcamento libre gratuíto e as vías de evacuación da praza García Barbón, onde ademais haberá paneis informativas coas mesmas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos