FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
TRAXE TRADICIONAL
A figura tradicional do Entroido en Xinzo de Limia é a Pantalla, unha figura enmascarada que percorre as rúas como a máxima autoridade da celebración. Para demostralo, emprega as súas vexigas, pero non para bater con elas, senón que o son que producen ao chocalas é o que anuncia a súa soberanía.
Ao igual que moitos outros elementos do Entroido rural, ten raíces nas costumes. As primeiras vexigas que empregaron as Pantallas, cando aínda adoitaban levar unha soa, eran do porco que se mataba na casa. Co tempo, as vexigas comezaron a facerse de vaca, produto dos matadoiros próximos á vila, aumentando a cantidade e favorecendo que a Pantalla comezase a levar dúas para chocar entre elas.
Hoxe non é doado conseguilas tampouco, aclaran Castor, Cristian e Jose, tres amigos de Xinzo de Limia que levan máis dunha década preparándoas. A súa historia comezou facendo as súas propias vexigas, pero co tempo a xente comezou a pedirllas e foron facendo máis.
“Agora vimos facendo sobre 1.200 cada ano”, aclarou Castor, contando que non todas chegan a soar na rúa. “Van minguando ou non saen boas”, afirmou. Os tres mozos conservan as vexigas que van conseguindo, aos poucos, ao longo do ano conxeladas, esperando que se achegue o Entroido para comezar un proceso que tamén depende do clima.
As vexigas primeiro inchanse, “nós non as estiramos de todo e sempre deixamos unha marxe”, explicaron. O motivo disto é porque dependendo da temperatura, se o aire que levan se quenta moito, rebentan ao chocalas: “Ímoslles retocando a presión do aire dependendo do tempo que faga o día que se vaian empregar”.
Este proceso faise mentres están colgadas e ao lume “para que sequen, curen e collan a cor afumada que teñen”. Este proceso de curado pode variar dende unha semana a preto de 20 días, como o caso deste ano no que a humidade e as choivas afectaron gravemente ao proceso. A curación é unha parte importante pois existen diferenzas, “unhas vexigas que non están ben curadas soan coma globos, mentres que as que están ben soan coma bombos”.
Os mozos fixeron unha demostración de como se incha, ata e colga unha vexiga, rodeados dos varios centos delas que se empregarán este fin de semana na que as raíñas de Xinzo volverán á rúa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
Lo último