O son do Entroido de Xinzo a través dunha artesá de cintos: “Cuando escuchas las campanas ya sabes que viene la Pantalla”
A HISTORIA DA MELODÍA
O Entroido de Xinzo de Limia ten por protagonista a Pantalla, unha figura facilmente recoñecible polo seu son. Sonia Rodríguez é unha artesá que se dedica a crear os cintos do traxe, cuxa melodía acompaña ás vexigas no correr das Pantallas.
O Entroido de Xinzo, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, non se pode entender sen a súa raíña, as Pantallas. Este traxe tradicional conta con diferentes partes identitarias: A careta, as vexigas, a capa e como non, o cinto.
Ademais dos sons que fan as propias Pantallas coa súa gorxa e o estrondo das vexigas, as campás e cascabeis do seu cinturón compoñen unha sinfonía durante o bailar e o correr delas, producindo o son identitario do Entroido limiao.
Unha artesá limiana de adopción
Sonia Rodríguez, veciña de Cualedro, é unha dos artesáns que se encarga de confeccionar este elemento do traxe. Malia non terse criado en Xinzo e comezar a coñecer o entroido local aos seus trinta anos, enganchouse ao entroido rapidamente: “es ver las Pantallas y se me pone la piel de gallina”.
“Siempre me gustó hacer manualidades y el cuero me llamó la atención”, afirmou, mentres contaba que logo de estudar o traballo da pel en Burgos, “le quise dar una vuelta al cinturón y hacerlos yo”. Sonia, quen confesa que lle gusta que o cinto se vexa “fino”, insiste en que cando as pezas están feitas de forma artesanal “tiene más valor”.
“Cuando escuchas las campanas ya sabes que viene la Pantalla”, aclamó. Malia que o son as identifica, cada cinturón soa diferente, dependendo da disposición -e o número- das campás e os cascabeis. “A mi me suenan mejor si los mezclas”, afirmou Sonia.
Foi en 2022 cando comezou a facer os primeiros cintos, aclarando que os fai só por encargo e que a maioría -senón todos- os seus clientes chegan polo boca a boca. “Este año habré hecho cerca de 20 cinturones, cada uno lleva su tiempo”, apuntó, “no sé cuanto tardo exactamente porque intento optimizar”.
Os cintos de Sonia comezan cunha boa pel, grosa e consistente, que corta segundo o ancho, dependendo de si é para un cativo ou para un adulto. “Los clientes eligen sus propias campanas y cascabeles”, engadiu. A continuación, Sonia prepáraos para pórlles as campás e os cascabeis, dándolle diferentes acabados para evitar manchas. “Para mi gusto, según va pasando el tiempo los cinturones adquieren un color más bonito. No le pongo plásticos ni nada artificial”.
Sonia cuida tódolos detalles: Cubre a parte interior para que sexa cómoda, engade unha fibela de latón “para que vaya a juego con el color de las campanas”, e incluso os sela cunha máscara de pantalla e o nome do dono. Cada cinto custa arredor de 200 euros, dependendo do número de campás e cascabeis.
“La gente se toma la molestia de vestirse bien de Pantalla, es un gusto que haya respeto por la figura”, espetó Sonia, “Aunque estos detalles del cinturón no se ven, sumarlos hace que sea más personal y por supuesto, más único”.
Esta amante do entroido de Xinzo confesa que o esforzo que pón nas súas creacións é para que o traxe “luzca fino”, malia que cada vez a xente valora menos os oficios tradicionas, “que se están acabando”. “Yo no me atrevo a vivir de la artesanía aunque tenga intención de seguir haciendo cinturones”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BACHES EN LA CARRETERA
Galería | "Fochancas", cementazos y socavones en la ciudad de Ourense, en fotos
NO PODRÁ TENER ANIMALES DURANTE SEIS AÑOS
Condenado por matar a dos perros de su expareja con estricnina en Ourense