FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
CONTROIS DE DROGAS E ALCOL
O secretario xeral da Subdelegación do Goberno en Ourense, Manuel Arias, e o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, copresidiron a Xunta Local de Seguridade na que se coordinou o dispositivo de seguridade de cara as datas do Entroido 2025 e se analizou a situación da seguridade cidadá no municipio, os casos de violencia de xénero e o Plan Director para a Convivencia nos colexios.
Sobre o Entroido, aos efectivos da Garda Civil e Policía Local que velarán pola seguridade sumaranse catro vixiantes contratados polo Concello. A Garda Civil incrementará as cámaras de vixilancia e intensificaranse ademais os controis de alcol e drogas nas estradas.
Xinzo contará cun punto violeta durante todo o Entroido, para previr agresións sexuais ou casos de violencia sobre as mulleres. O seu persoal estará coordinado coas forzas e corpos de seguridade, e parte deles percorrerán as rúas para prestar axuda a quen o precise.
A xunta local destacou que no 2024 se produciu en Xinzo un aumento dos delitos contra o patrimonio. No tocante á violencia de xénero, dos 536 casos activos neste momento na provincia, 24 corresponden ao Concello de Xinzo, e en 19 deles o agresor conta ten prohibido de aproximación e comunicación coa vítima.
Na reunión tamén estiveron presentes representantes da Xunta; Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Xinzo.
O BNG de Limia criticou a programación do Entroido, que tilda de “personalista, intervencionista e anacrónica”. Os concelleiros Camilo Vila e Manuel Pozo cren que é consecuencia de prescindir da Comisión veciñal, ao “querer convertelo nun carnaval capitalino calquera”, e advirten de que a súa supresión “réstalle a transparencia que merece”. Tamén criticaron a contratación da artista Leticia Sabater para a data máis infantil: “Unha proxección hipersexualizada e unha mensaxe antieducativa non poden presidir a nosa festa tradicional”, asegurou Vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior