30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Un ano máis, o Domingo de Corredoiro foi a data sinalada na que os zarramoncalleiros da vila cualedresa saíron ás rúas por primeira vez, presumindo das súas características mitras de cor amarelo. Un nutrido grupo fixo sonar as chocas percorrendo a rúa Luis Taboada, camiño da misa na igrexa de Santa María, onde recibiron os fregueses e os seus traxes foron bendecidos.
Co posterior descubrimento da careta do zarramoncalleiro que loce na fachada da Casa do Concello deuse por iniciado de xeito oficial o Entroido de Cualedro. Por diante, este venres terá lugar, dende as 11,30 horas, o gran desfile infantil do CEIP Vicente Risco, coa participación de tódolos personaxes típicos dos catro entroidos locais: zarramoncalleiros de Cualedro, mázcaras da Xironda, damas e galáns de Carzoá e castrón meco de Rebordondo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio