Adeus a Aurelio Vila Obregón, artesán lazano das 1.300 caretas de Peliqueiro
OBITUARIO
Laza despide a Aurelio Vila Obregón, un home ligado ao Entroido da vila durante anos
Acábanos de deixar Aurelio Vila Obregón (1944-2025), coñecido como “Lelo”, artesán de caretas de Peliqueiro e mestre de artesáns. Que a terra che sexa leve, como a levidade de tantas caretas que fixeches, unhas 1.300 según me dixo el mesmo, tanto de peliqueiros como de felos, cigarróns e zarramoncalleiros.
Ademais dos lazanos, están en débeda con el os de Campobecerros, Cualedro, Maceda, Sarreaus, Verín... e moitos museos do mundo que tutelan as súas caretas.
Fíxenlle varias entrevistas sobre o seu traballo ao longo dos anos, a última en xaneiro deste mesmo ano. Contoume moitas cousas e secretiños de porqué as súas caretas sentaban tan ben. De feito, el modificou e inventou varios elementos das caretas para que se adaptasen á cara coma un guante.
O Entroido de Laza está de loito, todos os lazanos estamos de loito, pero sempre quedará o seu inmenso legado e contribución á artesanía do Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Clavijo clavó un clavito
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
ALMODÓVAR, LOS JAVIS Y SOROGOYEN
Cannes arranca con las películas españolas como grandes protagonistas