Adiós a José Prieto Pérez, histórico del socialismo en Ribadavia
OBITUARIO
José Prieto Pérez máis alá dos cargos, foi unha persoa profundamente vinculada ao socialismo local, cunha traxectoria marcada pola entrega, o diálogo e a capacidade de achegar posturas, sempre cunha palabra amable e unha actitude construtiva.
O PSOE de Ribadavia lamenta profundamente o falecemento do noso compañeiro José Prieto Pérez, ocorrido este domingo.
Prieto foi concelleiro en distintas etapas municipais, traballando nas áreas de Obras e Servizos, onde destacou pola súa presenza constante a pé de rúa, seguindo de preto cada actuación no concello, así como en Cultura e Turismo, área da que foi responsable e desde a que destacou polo seu compromiso coa veciñanza e co desenvolvemento de Ribadavia. Ao longo dos anos compartiu responsabilidades políticas con diferentes equipos de goberno, entre eles os encabezados por Miguel Fidalgo e Marcos Blanco, así como con Nacho Gómez, Sendín e Noelia Rodríguez na corporación municipal.
Cómpre salientar a súa implicación coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), pola que traballou incansablemente, contribuíndo á súa consolidación como referente cultural.
Ademais da súa traxectoria institucional, Prieto foi tamén sindicalista da UGT, defendendo sempre os dereitos dos traballadores desde o compromiso e a coherencia.
Máis alá dos cargos, foi unha persoa profundamente vinculada ao socialismo local, cunha traxectoria marcada pola entrega, o diálogo e a capacidade de achegar posturas, sempre cunha palabra amable e unha actitude construtiva. A súa experiencia, sentido común e ética de traballo fixérono unha figura clave para varias xeracións de compañeiros e compañeiras, ás que acompañou e guiou en diferentes etapas.
José Prieto foi, por enriba de todo, un histórico de Ribadavia, un home orgulloso do seu concello, do que sempre presumía alá onde ía, poñendo en valor o traballo colectivo e o progreso acadado.
Dende o PSOE de Ribadavia queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e a toda a militancia socialista.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último