OBITUARIO
O galeguismo de Pepe Cotarelo
OBITUARIO
Para escribir estas letras póñome o meu traxe de científica, que sei que era o que máis che gustaba. Porque a túa busca da verdade era imparable, así como o teu interese polo eido da meteoroloxía e do cambio climático. Tiven a gran fortuna de que me elixiras para compartir esa inquedanza.
Lembro ese non parar de recibir artigos científicos para que che dese o meu punto de vista, un punto de vista que requirías de toda a comunidade investigadora, á que con tanto respecto trataches. A túa pretensión non era outra que contar a ciencia e facer que fose entendida por todo o público, e vaia se o conseguiches: O Atmosféricos da Radio Galega converteuse nunha auténtica clase maxistral de rigor e coñecemento.
Os últimos tempos que compartimos foron ilusionantes, porque nunca perdiches esa forza e seguimos a argallar proxectos. Fíxeno moitas veces, pero hoxe, unha vez máis, quero agradecerche o teu xeito de traballar e, como non, a túa amizade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas