Carta a Manuel

OBITUARIO

Obituario La Región.
Obituario La Región. | La Región

Querido Manuel:

Fúcheste de súpeto, sen avisar, deixando un baleiro infinito en nós. Perdemos un amigo, compañeiro de tantas viaxes, aventuras e desventuras desta nosa profesión de mestre que tanto che gustaba.

Tivemos a fortuna de desfrutar da túa amizade, da túa vitalidade e dese enxeño teu que convertía calquera situación cotiá nunha anécdota inesquecible. A sala de mestres enchíase coas gargalladas que nos provocaban as túas ocorrencias.

Non fai falta que che digamos que eras o preferido de todos os alumnos; iso xa ben o sabías. Do que quizais non te decatabas é de que tamén eras o noso mestre favorito e así seguirá sendo .

Non queremos alongar máis esta despedida que non é tal, porque sabemos que ti seguirás sempre con nós.

Ata sempre Manuel.

Maví, Carolina e Maite.

Contenido patrocinado

stats