Falece Antonio Rodríguez, unha semente para o socialismo de hoxe e mañá
OBITUARIO
Falece Antonio Rodríguez, un socialista de corazón que deixou un legado de compromiso, ética e entrega á política galega e aos seus ideais
Eu morrerei sendo socialista”, afirmou Antonio Rodríguez Rodríguez nunha entrevista de hai uns anos. E así foi. Antonio Rodríguez faleceu este 22 de xaneiro.E morreu fisicamente como socialista. Cumpriu, esta vez tamén, a súa palabra.
Nado na Peroxa en 1944, o compañeiro Antonio foi mestre, e ese espírito de docencia tentouno levar a todas as situacións nas que se moveu, desde a secretaría xeral de Benposta Nación dos Muchachos a mediados dos pasados anos 70 á represención dos seus compañeiros e compañeiras de profesión nas eleccións convocadas polo Ministerio de Eduación e Ciencia en 1976.
Nesas épocas afíliase en Ourense ao Partido Socialista Obreiro Español, organización e ideas que non abandonou nunca, nin sequera cando deixou de estar no primeiro plano partidario.
Foi elixido deputado no Congreso pola provincia de Ourense en 1979, comicios nos que o PSOE obtivo 121 escanos. Antonio Rodríguez foi o único socialista elixido naquela convocatoria pola provincia del Ourense, sendo os outros 4 restantes 3 de UCD e outro de CD. Permaneceu na Cámara Baixa, tras ser elixidos nos seguintes comicios electorais, catro legislaturas máis, ata a de 1993. Ocupou a Secretaría Xeral do Partido, por mor da dimisión de Francisco Vázquez, entre 1982 e 1985, ocupando a continuación, e ata 1988, a Presidencia do Partido en Galicia, compaxinando ditos cargos co de membro do Comité Federal entre 1982 e 1994. Ocupou a presidencia da Fundación Celso Emilio Ferreiro (1985) e formou parte do Concello de Administración da CRTVG (2002). Tamén representou á provincia de Ourense no Senado durante a lexislatura 1996-2000.
Un grave problema de saúde apartouno da primeira linea política en 2009 cando, nunha reunión da CRTVG, sufriu a rotura da aorta. Recuperado posteriormente, seguiu participando como militante na vida diaria do PSdeG en toda canta asemblea ou acto para a militancia fosen convocados polos órganos dirixentes provinciais e/ou locais.
Mostra da súa sempre positiva resposta a calquera chamada do Partido foi a súa presenza, pechando a lista electoral, na candidatura municipal socialista de Ourense de 2019, encabezada entón por Rafael R. Villarino.
Como moi ben sinálase no comunicado emitido pola Executiva da Agrupación socialista da cidade na que militaba, “queremos renderlle unha sentida homenaxe e expresar o noso eterno agradecemento polo seu exemplo, pola súa entrega e pola súa fidelidade aos ideais do Socialismo. O seu legado político e humano seguirá vivo na nosa memoria e no noso traballo diario”, desexos e sentimentos que fai seus tamén a Executiva provincial.
Deixou dito o compañeiro Pablo Iglesias Posse, fundador de UGT e do PSOE, que “os socialistas non morren, os socialistas seméntanse”. Sen dúbida ningunha, o compañeiro Antonio Rodríguez constitúe unha magnífica semente que quen integramos a familia socialista deberemos regar diariamente porque sempre permanecerá entre nós.
Unha forte aperta a súa familia, amizades e camaradas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
UNA DE LAS MAYORES MOVILIZACIONES
Los tractoristas abandonan la N-120 en Ourense tras casi un mes de protestas contra Mercosur
NEVADAS EN LA PROVINCIA
Galería | La borrasca Ingrid y la nieve pintan de blanco la provincia de Ourense